0

Entradas - Espectáculo de maxia Kenneth Illusionist

10,00 - 15,00

ei! O vindeiro 11 de setembro organizamos en donauta un espectáculo de maxia de Joshua Kenneth, un artista internacional de orixe coruñesa que viaxa por todo o mundo realizando os seus shows.

Participou en eventos de todo tipo, incluíndo aparicións televisivas en Got Talent España e no famoso programa americano "Fool Us" de Penn and Teller en Las Vegas, Nevada. Tamén foi invitado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood en Los Ángeles, achegando así a súa visión da vida a través da arte do imposible.

Nos últimos anos a maxia de Kenneth foi galardoada en importantes competicións da China, Portugal, España, Bulgaria e Italia, levándose a casa o premio FISM Europeo en Turín, como segundo mellor mago de toda Europa.